archive-eu.com » EU » A » APIARIO.EU

Total: 194

Choose link from "Titles, links and description words view":

Or switch to "Titles and links view".
  • Apiario
    O mel para min ten a cara do meu outro avó Laureano Rego Mamá Dime Cóntame cousas do avó e das abellas Vivín cos meus avós ata os 12 anos Laureano Rego foi a primeira persoa á que lle escoitei recitar Aprendíame romances coma o do rei moro Se paseaba el rey moro por la ciudad de Granada tiña eu tres anos e sabíao enteiro Pensade nunha nena pequena en pixama ao lado da cociña de leña co seu avó recitando mentres ela chupa mel dunha cera recén esmelgada Na foto estaría tamén a miña avoa Angelines Murias costureira Podemos debuxala facendo castañas cocidas con café con leite e con algúns fíos de cores varias colgándolle da roupa Teu abuelo plantaba tabaco para afumar as abellas Nun te acordas que falaba do afumadoiro Ai si Afúmanse para atontalas e así nun pican Di tu que a el tanto lle tiña que non lle facían nada as picaduras Unha vez volvera con setenta picaduras porque nin poñía a careta nin nada para ir esmelgar Decía que as abellas eran da casa Encendo un pitillo e penso en cousas como as drogas así en xeral e cómo están aí para atontarme coma as abellas e que a min ben que me gustan Cómproas co diñeiro que gaño facendo cera Temos colmeas aínda O meu avó Laureano Rego morreu o 16 de marzo de 2014 Cando morreu descría de case todo o que crera na vida A igrexa pero tamén eso de que fomos a luna Na igrexa o día do enterro vin pasar voando unha abella xusto cando a unha señora por non dicir vella que o era lle empezou a soar o teléfono móbil De melodía tiña Losing my religion de R E M Case nos dá a risa Temos un

    Original URL path: http://apiario.eu/news-page?id=55 (2016-05-02)
    Open archived version from archive

  • Apiario
    Formación Autor s Booktrailers Novas Inicio Nós COLECCIÓNS Abella mestra Cera labrada Niño de abella Formación Autor s Booktrailers Novas As abellas para Anxo Angueira A abella abre os ollos desde o fondo do pouso e sorrí desde a cova hai un burato escuro na alta pedra da casa á beira das fiestras escuro coma tódolos buratos a abella abre os ollos coma a vaca é a abella e porco e can e pitas é un río de mel ó que lle falta un nome que nunca estiña nunca perdido para sempre o sorriso da abella abre os ollos a abella no cuarto das lacenas prós que non teñen ollos a noite a escuridade o abismo o nada e canta e danza copras coas súas mans deformes enxamiadas de fouces coma un arco da vella revíralle a pedra a abella os ollos abre tírame please do norte e tamén da travesía estou ben estou ben o zunido da abella barullo da memoria os ollos abre a abella e o enxamio continúa endexamais Publicado o 2016 02 16 22 05 27 Apiario project Unha comunidade onde a palabra é o centro do hexágono Editora Facemos libros diferentes para un tempo que

    Original URL path: http://apiario.eu/news-page?id=54 (2016-05-02)
    Open archived version from archive

  • Apiario
    raíz tem cortar asociada á idea de que os augures trazaban parcelas no ceo coincidentes coas da terra para determinar se o voo dos paxaros naquela paréntese de aire lles era favorábel en definitiva observar para que as cousas poidan ser dicía que o tacto era central n O deserto pero se algo hai nesa sensorialidade é levidade lemos como se me pechasen nun frasco de cristal e me desen ao vento porque o mar sería sólido de máis para sosterme lemos a danza das ortigas do muro ou as magnolias pousadas sobre as árbores como se fosen pombas mensaxeiras no proceso de lectura fáisenos visíbel unha nova pel a fenda de pedra por onde discorre o río a varredura que deixa o corpo da serpe a imprimación do movemento das árbores sobre unha superficie sombra que dura uns segundos e ninguén copia pero como na cidade asolagada de Ur sempre hai rastros e esa segunda pel observábel quizais en quietude soidade e silencio acompaña o corpo e o sangue porque a carne doe di o poema e este devocionario confesa existir grazas a unha convalecencia a columna dá título a un texto central e a creba dunha vértebra achega ao corpo da muller o frío pero tamén o saber incontábel porque a lóxica da catástrofe deriva nunha nova contemplación cun ton moitas veces proverbial conclusivo até bíblico dirá o que rompe non pode volver ao seu lugar porque os devocionarios non poden coñecer a arte xaponesa do kintsugi que restaura as gretas da cerámica utilizando resina e ouro aquí repasamos cos dedos as feridas aprendémolas madurar era isto pensei varias veces mentres atravesaba o libro n O deserto hai moito de aprendizaxe sentimental de aceptación das dobras do ser humano co ton bíblico que citei tanto as aseveracións como as preguntas nos interpelan Leva maior vantaxe quen desde o comezo arde ou quen desde o comezo desconfía e n O deserto cóntase coma nos libros sagrados dicindo as ponlas das árbores de mil veces mil anos ou perdinte mil veces e mil veces te recobrei esa mesma voz ten a ousadía de reformular as escrituras pero ao principio non era o un senón o dous e ao dous regresarán todas as cousas dinos a muller sempre escribe co corazón en chamas e pensamos na rosa de lume do lombo ou nas linguas de lume que se colocaron sobre as cabezas dos discípulos pero non estamos a falar de relixiosidade senón de espiritualidade e ese corazón en chamas non permite a simple exposición sentimental nin experiencial tan ensaiada noutras décadas senón o pensamento dos afectos ademais como todo bo devocionario O deserto ten estampas por veces os fotogramas ou as pinturas funcionan como dípticos e como acontecía na pintura flamenga do XV e XVI salvagardan tras a súa dobrez o interior que aquí é o poema obrigándonos ademais á arañeira do xesto a ter que estender as páxinas para a lectura como se se abrisen as pálpebras de Ingrid Bergman

    Original URL path: http://apiario.eu/news-page?id=53 (2016-05-02)
    Open archived version from archive

  • Apiario
    o debate arredor da configuración do corpo na poesía escrita por homes ou mulleres María do Cebreiro nun ensaio para o libro Palabras extremas cuestionaba a función da poesía erótica galega dos 90 opinaba que podía ser autocompracente e caer no neodecadentismo fronte ao que realmente debería facer evidenciar as relacións de poder Denunciaba tamén María a violencia inherente ao proceso que converteu a beleza corporal en centro do poema e advertía de que non todos os corpos son igual de confortábeis Aqueles poemas que lía hai meses e que acabarían conformado este libro O deserto lembráronme tamén todos aqueles versos de Os Hemisferios que tantas veces lin para o meu traballo en ecocrítica aquel verso entre outros Da natureza din que seguirá o seu curso Que aborrece o baleiro Interesoume especialmente neste novo poemario a posibilidade de volver a relacionar o corpo coa natureza de escoitarmos a natureza cando escoitamos o noso corpo pero non co determinismo biolóxico que tanto dano fixo ás mulleres para as que o patriarcado fixou a bioloxía como destino senón cunha sensibilidade ecoloxista que recoñece que de acordo o corpo é político e como di Teresa Moure no título do seu ensaio o natural é político pero como nos advirte a ecocrítica o corpo e a natureza non son unha mera páxina en branco na que inscribirmos as nosas teimas Un desafortunado accidente unha doenza poden obrigarnos a escoitar por fin o que nos quere dicir o corpo Poden como naquel poema da poeta irlandesa Kerry Hardie que compartín un día con María colocarnos en posicións mesmo en posturas físicas que nos fan ver un mundo que antes non viamos O reto está en se saberemos entender o que o corpo di Hai outro poema e desculpa María porque pode semellar que desvío a atención do teu libro pero así está a dialogar con outras voces europeas dunha magnífica poeta de Irlanda do Norte Sinead Morrisey no que unha balea fica varada no estuario de Belfast A natureza convértese alí tamén nun suxeito falante que transmite unha mensaxe aínda que a voz poética se pregunta se as persoas saberemos entender esa mensaxe Despois dese primeiro encontro con algúns dos poemas de O Deserto chegoume hai pouco este fermoso libro e fermoso non quere dicir bonito porque é turbador e comezando xa pola ilustración da cuberta sentimos un desacougo ao ver o desamparo de Agar nese cadro de François Joseph Navez ela a Outra a Exipcia a serva a expulsada do fogar con ese fillo que desfalece Ismael o fillo que no Islam Abrahám Ibrahim estará disposto a sacrificar para os cristiáns é o outro Isaac Nese deserto no que segundo o Islam Agar percorre sete veces o espazo entre dous outeiros para ver se atopa auga este é un dos ritos da peregrinación á Meca Pero aquí neste cadro da cuberta o deserto é máis árido e máis hostil ca ningún outro E con este desacougo abrimos o libro e vemos esa tipografía no

    Original URL path: http://apiario.eu/news-page?id=52 (2016-05-02)
    Open archived version from archive

  • Apiario
    Hai 0 items na súa cesta Hai 1 item na súa cesta Total Productos IVA incl Total envío IVA excl Envío gratuito Total IVA incl Continuar comprando Proceder ao pago Categorias Inicio Distribución Aviso legal Condicións de venda Quen somos Pago seguro Librerías Inicio Nós COLECCIÓNS Abella mestra Cera labrada Niño de abella Formación Autor s Booktrailers Novas Inicio Nós COLECCIÓNS Abella mestra Cera labrada Niño de abella Formación Autor s Booktrailers Novas Apiario no CAFI O sábado 16 ás 10 30 Apiario estará presente nos II Encontros de Intercambio de Experiencias Educativas en Linguas Cooficiais organizadas polo CAFI falando de Poesía nas Aulas e da edición do proxecto de Poesía Hexágono Ollada e Experiencia Proposta e Respostas nas Aulas Publicado o 2016 01 15 12 22 12 Apiario project Unha comunidade onde a palabra é o centro do hexágono Editora Facemos libros diferentes para un tempo que muda Formación Acompañar a escrita a procura da voz para coñecer técnica e misterio Apiario Quen somos Autor s Librerías Contacta connosco Información Aviso Legal Distribución Condicións de venda Pago Seguro A miña conta Os meus pedidos Os meus enderezos Os meus datos persoais A miña lista de desexos Contactar R Pondal

    Original URL path: http://apiario.eu/news-page?id=51 (2016-05-02)
    Open archived version from archive

  • Apiario
    s Booktrailers Novas As abellas para Oriana Méndez Casualmente análogo á danza das abellas desprázase con ritmo este lume abellas corazón mel afúndome na néboa despoboada de noites illada do nervio da luz eléctrica da noite desasistida de toda luz abandonamos o noso nome entre o aire denso da bruma o noso nome velado vaga no fume o que propiamente somos cando nos ves cúmulo en danza que nos identifica portadores de febre habitantes deste Upo Mendi calquera barco infectado vogamos augas de sedas rotas non é a grava erma dos camiños non é a seca no poema a fame depositada entre a carne e a uña non é paisaxe morta é o cúmulo o que propiamente somos é comuna conxunto minuciosidade no traballo exacto a exacta perspectiva das gaivotas violentamente desde Cabo Silleiro é colmea é a organización da fame é a organización da vida nada máis alá ningunha luz despois nada máis alá ningún lóstrego ningún nervio acada esta ofensiva do mel emerxendo do asfalto agosto Ourense ferve o asfalto e é mel Esta é golpe que latexa a resposta negra aínda non dita das abellas obreiras Publicado o 2015 12 18 09 18 51 Apiario project Unha

    Original URL path: http://apiario.eu/news-page?id=43 (2016-05-02)
    Open archived version from archive

  • Apiario
    chuchada fai a mellor mazá Xiana pecha o micro Orosia aloumiña a cadeira de rodas Dores anda a pregar unhas follas de figueira disque para facer con elas un caderno DORES agarra o micro de Xiana Aprendede rapaces a cartilla da muller abella BRANCA Tamén son abellas eses que andan a vir escapados das guerras de alá fan un zoar un rebumbio Olalla pon dúas herbas entre os beizos e fai con elas un son estridente animal que rincha carro que renxe Xiana coa cabeza entre as mans deixa saír do peito ruidiños estraños alleos antigos A Orosia abella nai Branca improvisa un movemento triste saca un corpo do mar OROSIA As abellas non pican a quen espalla ramallos de oliveira sobre a cara dos mortos XIANA Nunca tantos se viron como andan polas praias estes tempos OLALLA fai tremelar un serrón oxidado Xiana cantaruxa algo OROSIA sopesa os danos das últimas treboadas OROSIA Facer versos cun lápis virá sendo coma facer regos cun sacho ou Esa muller A do Barral é quen de sacar patacas dun penedo DORES érguese somnámbula perdidiña coma se soñase a cara tapada co seu sombreiro dá voltas arredor coma unha nena BRANCA A do Barral sabe dar de sí é coma se o corpo non lle estorbase para facer cabrioladas OROSIA espalla polo eido adiante unha manchea de gran de millo OROSIA Non hai sen abella esprego na Mariña nin tioira no monte do Seixo ourego no Courel toxo en Bergondiño buxus sempervirens n Alén nin carpaza tampouco alá na terra da Fonsagrada Eses tractores afórranlle traballo á xente enchen de gasoil as flores da beiravía para desgracia e perdición do xénero infantil e do himenóptero ápido voador social DORES O papá dicía non estoupes a abella dentro do estraloque abeluria baloco borleta croque dixital estalote milicroque sanxoán OLALLA A miña bisavoa Alicia dicía apartade rapazas dos que estoupan a abella dentro do estraloque E batía as mans para espantalos OROSIA A mamá Celsa dicía o que mata uha abella dentro dun estraloque nunca terá mel para sacar de sí XIANA A miña mamá dicía ti estuda pequena segar os estraloques da ribada non é traballo para nenas E así aconteceu que non aprendín a traballar Ti abrícheslle a porta as abellas fías delas non si Orosia Serías quen de durmir nun apiario DORES somnámbla outra volta Se non houbese guerras non habería escapados entre o millo bebendo leite de mazaroca BRANCA postura fetal De pequena o papá cubríame os dedos coa flor dos estraloques en cada dedo una flor para que non chores máis dicía o papá para que nunca peligres OLALLA espalla os seus dedos dentro dun sol pequecho unha raiola Dedos de mestra os seus e os do seu señor pai señora abellas que non se estoupan OLALLA asubía baixiño e fai zoar unha casca de noz furada atada cun cordel DORES estoupa unha flor de estraloque baleira OLALLA estoupa outra flor de estraloque XIANA estoupa outra OROSIA outra Rin todas

    Original URL path: http://apiario.eu/news-page?id=50 (2016-05-02)
    Open archived version from archive

  • Apiario
    Cera labrada Niño de abella Formación Autor s Booktrailers Novas Obradoiro en Compostela da man da ASPG Axiña voltaremos a Compostela da man da ASPG cun obradoiro de poesía para mestres Video poesía graffiti ou de vías alternativas para traballar coa palabra nas aulas Vémonos o 21 de novembro ás 16 00 Publicado o 2015 11 10 14 51 57 Apiario project Unha comunidade onde a palabra é o centro

    Original URL path: http://apiario.eu/news-page?id=47 (2016-05-02)
    Open archived version from archive



  •